O Palacio da Capitanía da Coruña celebra o inicio do ano militar
O Palacio da Capitanía da Coruña celebra o inicio do ano militar
Un acto presidido un ano máis polo xeneral Juan Francisco Arrazola, que ostenta a representación do rei Filipe VI
Como cada día de Reis, o palacio de Capitanía da Coruña foi o escenario de celebración da Pascua Militar, un acto presidido un ano máis polo xeneral Juan Francisco Arrazola, que ostenta a representación do rei Filipe VI.
Trala parada militar, no Salón do Trono, impuxéronse as condecoracións a persoal civil e militar polo labor realizado durante 2021, un ano no que a pandemia volveu reclamar a axuda de forzas armadas e garda civil.
Entre as liñas de accións para 2022: seguir combatendo a loita contra a delincuencia na rede e a violencia de xénero ou a protección do Camiño de Santiago.
O xeneral Arrazola rematou salientando a entrega e o espírito de servizo de militares e gardas civís. Con este acto castrense dase por iniciado o ano militar.