Publicador de contidos
Publicador de contidos

O papa Francisco pedirá desde Portugal a paz para Ucraína e para o mundo

O papa Francisco pedirá desde Portugal a paz para Ucraína e para o mundo

Francisco xa acudira ao santuario mariano con motivo do centenario das aparicións

A XMX de Lisboa, primeira pospandemia, arrinca mañá con récord de españois e a visita do Papa desde o mércores

G24.gal 31/07/2023 17:20 Última actualización 31/07/2023 22:52

O papa Francisco viaxa este mércores a Portugal para participar na Xornada Mundial da Mocidade en Lisboa e para volver visitar o santuario de Fátima. Alí vai implorar de novo pola paz en Ucraína e no mundo, xa que a historia das aparicións están especialmente ligadas a Rusia.

Francisco xa acudira ao santuario mariano con motivo do centenario das aparicións para a canonización dos dous pequenos pastores, Francesco e Jacinta Marto, en maio de 2017, e por tanto será dos poucos lugares do mundo que o pontífice arxentino visitou en máis dunha ocasión no seu pontificado.

E se xa na anterior ocasión, na capelas das aparicións, Francisco pediu "a concordia entre os pobos", nesta ocasión regresa con crise e guerras que continúan en todo o mundo e un conflito ás portas de Europa.

O papa pasará cerca 5 horas en Fátima, onde chegará en helicóptero, e na cerimonia haberá mozos enfermos e tamén algúns reclusos.

Este xesto que realizará o pontífice relaciónase directamente con outro que realizou pouco máis dun mes despois do estalido da guerra: a consagración de Rusia e Ucraína ao Inmaculado Corazón de María, celebrada en San Pedro o 25 de marzo de 2022, diante dunha copia da estatua da Virxe de Fátima.

“Perdemos o camiño da paz. Esquecemos a lección das traxedias do século pasado, o sacrificio de millóns que morreron nas guerras mundiais", dixo o papa naquela ocasión.

A nosa Señora de Fátima estivo vinculada a Rusia desde que sor Lucía dos Santos, unha das nenas portuguesas que afirmou presenciar varias aparicións marianas en 1917 xunto cos seus dous curmáns, dixo que María pediu que Rusia fose consagrada ao seu Inmaculado Corazón para a súa "conversión".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade