Publicador de contidos
Publicador de contidos

O papa Francisco reaparece na celebración da Vixilia Pascual

O papa Francisco reaparece na celebración da Vixilia Pascual

O pontífice non deu mostras especiais de fatiga nun acto longo que inclúe a tradicional procesión de candeas

G24.gal 30/03/2024 20:37 Última actualización 30/03/2024 21:00

O papa Francisco presidiu con normalidade a Vixilia Pascual na basílica de San Pedro, no Vaticano, despois de que onte cancelara a súa participación no viacrucis a última hora.

Miles de peregrinos, chegados de diversas partes do mundo, agardaron durante horas para esta celebración litúrxica que se iniciou ás sete e media da tarde e que conmemora a resurrección de Xesús.

Aínda que estaba anunciada a presenza do pontífice, existía temor a que dera marcha atrás debido ao seu estado de saúde. A celebración de Semana Santa inclúe numerosas cerimonias que supoñen un esforzo especial para un Papa que se despraza en cadeira de rodas desde hai dous anos.

Este domingo será outra vez protagonista da misa de Pascua e da bendición urbi et orbi.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade