Publicador de contidos
Publicador de contidos

O papa padece unha bronquite e pode recibir a alta nos vindeiros días

O papa padece unha bronquite e pode recibir a alta nos vindeiros días

Fontes do Vaticano explican que está reaccionando ben a un tratamento de antibióticos

G24.gal 30/03/2023 21:09 Última actualización 30/03/2023 21:25

O papa Francisco atópase ingresado no hospital Gemelli de Roma e padece "unha bronquite" de orixe infecciosa, pero está reaccionando ben a un tratamento de antibióticos, polo que "podería ser dado de alta nos próximos días", segundo informou o Vaticano.

O voceiro precisou que o pontífice pasou a tarde do xoves "dedicándose ao repouso, á oración e a facer algunhas tarefas de traballo", o que fai pensar nunha pronta recuperación.

Xa este mediodía, fontes do Vaticano sinalaban que o estado de saúde de Francisco estaba "mellorando progresivamente" e que proseguía o tratamento indicado despois de que onte fora ingresado por unha infección respiratoria. 

Estes problemas de saúde teñen lugar a só tres días do Domingo de Ramos, que da inicio aos ritos da Semana Santa, e aínda non está claro se o papa poderá oficialos.

A Santa Sé non confirmou os plans para a Semana Santa do pontífice, pero os medios italianos aseguran que Francisco non oficiará algunhas das misas, como a do Domingo de Ramos ou a do Domingo de Resurrección.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade