Publicador de contidos
Publicador de contidos

O papa renuncia a presidir o vía crucis no Coliseo para coidar a súa saúde

O papa renuncia a presidir o vía crucis no Coliseo para coidar a súa saúde

A Santa Sé comunicouno minutos antes de comezar a cerimonia

G24.gal 30/03/2024 08:34 Última actualización 30/03/2024 09:33

O papa Francisco renunciou a presidir o tradicional viacrucis do Venres Santo no Coliseo de Roma para coidar a súa saúde de cara ao resto de ritos da Semana Santa, unha decisión que chegou instantes antes do seu inicio.

"Para conservar a saúde ante a vixilia deste sábado e a Santa Misa do Domingo de Resurrección, esta tarde o papa Francisco seguirá o viacrucis do Coliseo desde a Casa Santa Marta", indicou o Vaticano nun breve comunicado, cando a cerimonia estaba a piques de empezar con miles de fieis congregados en torno ao monumento.

Francisco, de 87 anos, padece problemas respiratorios dende hai semanas. Porén presidiu, aparentemente sen problemas, a misa do Xoves Santo nun cárcere de mulleres de Roma e o venres a cerimonia da Paixón de Cristo na basílica de San Pedro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade