Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Parlamento nomeará o vindeiro martes a Feijóo e a Tellado senadores por Galicia

O Parlamento nomeará o vindeiro martes a Feijóo e a Tellado senadores por Galicia

O nomeamento de Feijóo e Tellado como senadores por designación autonómica será no pleno do 24 de maio, ás 16 horas

O BNG e o PSdeG critican esta elección como un "uso partidista das institucións" por parte dos populares

 

G24.gal 18/05/2022 13:18

O vindeiro martes, 24 de maio, o Parlamento de Galicia nomeará ao presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, e ao seu vicesecretario de Organización, Miguel Tellado, senadores por designación autonómica.

Segundo avanzaron este mércores os voceiros dos tres grupos parlamentarios ao finalizar a Xunta de Portavoces, o pleno arrincará ás 16:00 horas coa designación dos dous senadores, que será a través de papeleta e en urna. Así, os deputados poderán optar por apoiar ou non a candidatura de Tellado e Feijóo, sen que poidan votar en contra; só poderán absterse ou votar nulo.

O grupos da oposición, BNG e PSdeG, coincide en criticar esta elección como un "uso partidista das institucións" por parte dos populares.

O pleno do martes tamén elixirá ao novo vicepresidente primeiro da Mesa do Parlamento, tendo en conta que o anterior titular deste cargo, Diego Calvo Pouso, tomou posesión o luns como vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro da Presidencia, Xustiza e Deportes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade