Publicador de contidos
Publicador de contidos

O paro sobe nun 3,4 %, e destrúense 11.100 postos de traballo ata marzo

O paro sobe nun 3,4 %, e destrúense 11.100 postos de traballo ata marzo

O desemprego aumenta en 103.800 persoas no primeiro trimestre

A taxa de paro en Galicia é do 10,9 %, inferior á media española

Os fogares con todos os membros en paro marcan máximos desde o verán do 2021

O Goberno cre que os datos da EPA confirman que se acelera a creación de emprego

G24.gal 27/04/2023 09:07 Última actualización 27/04/2023 10:17

O número de parados subiu no primeiro trimestre do ano en 103.800 persoas, chegando a un total de 3.127.800. O número de ocupados diminuíu en 11.100, polo que hai un total de 20.452.800 persoas empregadas en España.

Segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicada este xoves polo Instituto Nacional de Estatística, a taxa de paro sitúase así no 13,26 %, 39 centésimas máis que no trimestre anterior.

En canto á ocupación, nun período habitualmente malo para o emprego, caeu en 8.800 persoas no sector privado e en 2.300 no público.

Por outro lado, o emprego medrou en 368.000 persoas, nun aumento do 1,83 %. O Ministerio de Asuntos Económicos destacou que estes datos confirman "a aceleración do emprego no primeiro trimestre do ano" e constatan o "cambio estrutural e o dinamismo do mercado laboral en España".

As cifras do paro en Galicia

O paro subiu en 3.700 persoas entre xaneiro e marzo en Galicia, o cal supón un 2,8 % máis que no trimestre anterior, mentres que a ocupación se reduciu en 800 postos de traballo (-0,08 %).

Desta maneira, o número de desempregados incrementouse na comunidade autónoma por baixo da media española, xa que o crecemento no total foi dun 3,4 %, con 103.800 parados máis. O mesmo sucede coa caída do número de ocupados.

Así, o número de parados en Galicia quedou nas 135.100 persoas, 6.000 menos que hai un ano (-4,24 %). Ademais, o número de ocupados é de 1,1 millóns de persoas, unhas 12.300 máis que no mesmo trimestre de 2022 (+1,13 %).  

A taxa de paro na comunidade autónoma sitúase no 10,9 %, por baixo da media española, que foi do 13,26%. Isto sitúa a Galicia como a sétima rexión española con menos taxa de paro.

Con todo, a taxa de paro mantense inferior entre os homes, cun 10,07 %, mentres que as mulleres teñen unha taxa do 11,78 %.

A taxa de actividade en Galicia é do 52,8 %, por baixo do 58,5 % nacional.

Os fogares con todos os membros en paro, en máximos desde o 2021

Esta enquisa mide tamén o número de fogares nos que todos os membros activos están en paro. A cifra aumentou en 7.800 respecto do trimestre anterior e sitúa o total en 1.055.300, dos que 322.00 eran unipersoais.

Pola contra, 11.212.100 fogares teñen todos os seus membros activos ocupados, 43.300 menos que nos últimos meses do ano pasado e dos que 2.364.100 eran unipersoais.

Máximo de asalariados con contrato indefinido

A ocupación aumentou nos servizos, con 7.800 ocupados máis, e baixou no resto de sectores con 11.200 ocupados menos na industria, 5.000 na agricultura e 2.700 na construción.

Por tipo de contrato, os que teñen indefinido incrementáronse en 93.800 ata un máximo de 14,3 millóns, mentres os de contrato temporal reducíronse en 117.000.

Por xénero, o emprego diminuíu no arranque do ano en 52.800 homes, mentres que aumentou en 41.700 mulleres. A pesar das cifras, segue sendo superior o número de mulleres desempregadas.

En canto ao desemprego, subiu este trimestre nos servizos, con 147.700 parados máis; na construción, con 18.600, e na industria, con 12.400. Baixou na agricultura, con 8.600 menos.

Por xénero, o número de homes en paro aumentou en 28.400, situándose en 1.429.400, e entre as mulleres subiu en 75.400, ata 1.698.400.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar