O Parrote da Coruña acolle unha exposición de material militar
O Parrote da Coruña acolle unha exposición de material militar
A mostra enmárcase na celebración do Día das Forzas Armadas
O Parrote da Coruña é o escenario dunha completa exposición militar que busca achegar á sociedade civil a realidade das distintas ramas militares.
A mostra inclúe materiais dos exércitos de Terra, Aire e Espazo, da Armada, da Garda Civil, da Unidade Militar de Emerxencias e da Delegación de Defensa.
Ademais da mostra, hai actividades inmersivas para público infantil e bautismos de mar a bordo da patrulleira da Garda Civil ou dunha embarcación da Armada para quen queira mirar a cidade desde unha perspectiva nova e diferente.
Tamén hai exhibicións. As máis seguidas son as que teñen cans como protagonistas, expertos na detección de explosivos ou na localización de drogas. Para eles foron os aplausos máis entusiastas.
A exposición está enmarcada dentro da programación do Día das Forzas Armadas e poderá visitarse ata o domingo ás nove da noite.