Publicador de contidos
Publicador de contidos

O patrimonio das grandes fortunas españolas cae un 7 % pola guerra

O patrimonio das grandes fortunas españolas cae un 7 % pola guerra

Amancio Ortega consolida o seu liderado na lista, malia que a súa fortuna se reduciu un 20 %, segundo Forbes

G24.gal 03/11/2022 12:05

As grandes fortunas españolas viron como o seu patrimonio se reduciu un 7 %, ata os 143.000 millóns, pola guerra de Ucraína, a inflación, o aumento das materias primas e da enerxía, entre outros, como a política de tipos xuro e "a recesión que se aveciña", segundo a lista de Forbes publicada o xoves.

Esta perda de activos supón que cada millonario reduciu a súa carteira nunha media de 286.301 euros diarios.

A pesar da baixada de activos, os cinco primeiros da lista -Amancio Ortega e a súa filla Sandra Ortega (Inditex); Rafael del Pino (Ferrovial); Juan Roig (Mercadona) e Juan Carlos Escotet (Banesco)- concentran case a metade do total das grandes fortunas, o 48,6 % ou 69.300 millóns.

 

Amancio Ortega consolida o seu liderado con 53.500 millóns, aínda que a súa fortuna se reduciu un 20,15 % fronte aos 67.000 millóns de 2021, equivalentes agora á suma dos 27 españois que o seguen na lista; a súa filla Sandra, a única muller entre os cinco primeiros, acumula 5.400 millóns, un 14 % menos que o ano pasado.

O presidente de Ferrovial, con 3.800 millóns, mantense na terceira posición, por diante do presidente de Mercadona, que é cuarto con 3.400 millóns; e Escotet, tamén presidente e máximo accionista de Abanca, que é o quinto e conta con 3.200 millóns.Escotet é a única das cinco primeiras fortunas que viu aumentar o seu patrimonio nun 18 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade