Publicador de contidos

Publicador de contidos

O patrón do Villa de Pitanxo declara como investigado o 31 de maio

O patrón do Villa de Pitanxo declara como investigado o 31 de maio

Os outros dous superviventes do naufraxio comparecen como testemuñas ese mesmo día na Audiencia Nacional

G24.gal 21/05/2022 12:16

O patrón do Villa de Pitanxo, Juan Padín, vai declarar ante a Audiencia Nacional o 31 de maio como único investigado polo accidente do pesqueiro, afundido o pasado 15 de febreiro en augas de Terra Nova (O Canadá).

Ese día prestarán declaración como testemuñas na mesma sede os outros dous superviventes: o seu sobriño, Eduardo Rial, e Samuel Kwesi.

Segundo Kwesi, o patrón non quixo soltar os aparellos cando o arrastreiro estaba xa moi escorado e non deu ordes de poñer os traxes de supervivencia.

O Audiencia Nacional ve indicios de que houbo 21 delitos de homicidio por imprudencia grave e, tras aceptar a presentación das familias na causa, chama agora a declarar o patrón.

O tribunal tamén lle pediu á armadora, o Grupo Nores, máis documentación para xustificar por que se debe considerar vítima do sucedido e non responsable subsidiaria. No naufraxio faleceron nove mariñeiros e outros doce continúan desaparecidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade