Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ribas de Sil, contra o peche da única sucursal bancaria

Ribas de Sil, contra o peche da única sucursal bancaria

Vaise instalar un caixeiro en San Clodio, pero a veciñanza reclama un servizo con persoal

Din que o peche prexudica os veciños e os negocios, que terán que desprazarse ata Quiroga

Félix Aragunde 20/03/2023 14:05

A única sucursal bancaria que había en Ribas de Sil botou o peche o pasado verán, mentres que o caixeiro foi retirado a comezos de ano. Os veciños deste concello teñen agora que desprazarse ata Quiroga para poder sacar cartos, o que tamén está a prexudicar os negocios da vila de San Clodio.

José Rodríguez, hostaleiro: "A maior parte da xente son persoas maiores, e moitos desprázanse 2 km a pé a Quiroga. Os hostaleiros e demais necesitamos cambio e temos que ir alí, polo que tiveron que poñer unha persoa máis no banco, e nós aquí sen servizo ningún".

Teresa Gutiérrez, farmacéutica: "Notamos bastante baixón. Temos clientes habituais, pero cando teñen que coller un taxi, marchan e xa compran todo no mesmo sitio".

Miguel Ángel Rodríguez, comerciante: "De paso que quitaban o diñeiro, un entraba por unha cousa e outro por outra. E ao quitaren o banco e o caixeiro, isto perdeu bastante de vendas".

Para tratar de remediar esta situación, as administracións prevén que se abra un caixeiro automático doutro banco no centro de San Clodio. Así e todo, case a metade da poboación de Ribas de Sil é maior de 65 anos, polo que os veciños reclaman un servizo conte con persoal.

Ademais, o Concello de Ribas de Sil retirou os seus fondos da entidade bancaria que marchou de San Clodio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade