O Pentágono afirma que Rusia podería tomar Kiev nun par de días
O Pentágono afirma que Rusia podería tomar Kiev nun par de días
Macron visita o luns Moscova e Kiev para intentar rebaixar a tensión na zona
Avións de combate rusos trasládanse a Bielorrusia, mentres tropas dos EUA chegan a Polonia
Continúa o goteo de información preocupante na crise ucraína. A Casa Branca afirma que a mobilización rusa alcanza os 83 batallóns tácticos na fronteira e 14 máis están de camiño.
O que pronto permitiría ao Kremlin, por exemplo, ocupar Kiev, derrocar o presidente Vladimir Zelensky, matar entre vinte e cinco e cincuenta mil persoas e causar unha gravísima crise de refuxiados.
Entre un e cinco millóns de ucraínos fuxirían cara á Unión Europea. Son as estimacións do Goberno de Estados Unidos.
Ademais, o sábado chegaron a Polonia os primeiros dos 1.700 efectivos extra que os Estados Unidos despregarán no país. A marxe diplomática acábase. Atentos á visita o luns do presidente francés, Emmanuel Macron, a Moscova, e o martes, a Kiev. No que será o enésimo intento de rebaixar as tensións.