Publicador de contidos
Publicador de contidos

O piloto falecido en Pena Trevinca será trasladado a Sevilla despois de lle facer a autopsia en Zamora

O piloto falecido en Pena Trevinca será trasladado a Sevilla despois de lle facer a autopsia en Zamora

O corpo permanece aínda no Instituto Anatómico Forense de Zamora.

A Comisión de Investigación de Accidentes de Aviación Civil e a Garda Civil investigan o accidente

Avioneta accidentada en Trevinca na que viaxaba o piloto falecido
G24.gal 22/10/2022 21:07 Última actualización 22/10/2022 21:19

O concello de Sober, de onde saíu a avioneta contra incendios accidentada en Zamora, decretou dous días de loito oficial pola morte de Santiago Durán, o piloto localizado o venres pola tarde en Trevinca. En Ginés, o municipio sevillano de onde era a vítima agardan recibir o domingo os seus restos.

O corpo de Santiago Durán permanece aínda no Instituto Anatómico Forense de Zamora, onde se lle realiza a autopsia mentres a Comisión de Investigación de Accidentes de Aviación Civil e a Garda Civil tratan de determinar como se produciu o accidente. Será fundamental a análise da avioneta localizada nunha ladeira de Pena Trevinca, do lado de Zamora. Alí rescataron os gardas civís de montaña de Trives o cadáver do piloto.

Foron necesarias catro horas de travesía polo monte para chegar á aeronave e despois traelo de volta ata a localidade zamorana de Porto, a cinco quilómetros do lugar do sinistro. Así o relataba José Antonio Grandas, subdirector xeral de Planificación e Protección Civil.

Era unha zona inaccesible, o cal complica o rescate unha vez localizado o corpo da persoa falecida.

Agárdase que este domingo o corpo de Santiago Durán viaxe xa ata Ginés, o municipio onde vivía a vítima coa súa parella e dous fillos. O alcalde da localidade, Romualdo Garrido, amosaba o seu pesar despois de dous días de angustia, desde o mércores pasado, cando desapareceu a avioneta que saíra de Sober cara a Córdoba e non se soubo máis del.

É verdade que son moi, moi difíciles para toda a familia e desde aquí mandámoslles o noso máis sincero pésame e ánimo.

O seu corpo será incinerado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade