Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Plan de defensa contra incendios da Xunta ampliará a videovixilancia ao 85% do territorio

O Plan de defensa contra incendios da Xunta ampliará a videovixilancia ao 85% do territorio

Haberá 177 cámaras distribuídas para cubrir o territorio

Incorporarán por vez primeira seis máquinas polivalentes para a roza de maleza e a extinción de incendios, e nas motobombas levarán tabletas para recibir información en tempo real

Sistema de videovixilancia ampliado polo Pladiga
G24.gal 27/05/2024 16:34 Última actualización 27/05/2024 17:58

O Consello da Xunta aprobou este luns o Plan de prevención e defensa contra os incendios
forestais de Galicia (Pladiga) 2024, que ampliará a videovixilancia nos montes para cubrir o 85% do territorio galego. O principal obxectivo do Pladiga, apunta o Goberno galego, é reducir ao máximo posible as consecuencias ecolóxicas, económicas e sociais producidas polos incendios forestais.

Unha das principais novidades do plan de defensa contra incendios forestais é o aumento na videovixilancia: haberá 177 cámaras para cubrir o 85% do territorio. Ademais incorporarán por vez primeira seis máquinas polivalentes, que valen para roza de maleza e para extinción, e nas motobombas levarán tabletas para recibir información en tempo real. Este ano entrará en funcionamento a base de medios aéreos Verín-Oímbra.

O operativo sumará 30 medios aéreos, 380 motobombas e máis de 7.000 persoas. O presidente de da Xunta, Alfonso Rueda, destacou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta que o novo Pladiga incorpora tamén melloras para o persoal laboral, xa que este ano traballarán sete meses, fronte aos seis de exercicios anteriores.

Rueda explicou que neste 2024 hai declaradas 40 Parroquias de Alta Actividade Incendiaria (PAAI),  a mesma cifra do 2023 pero con cambios. Saen da listaxe Santa Uxía de Ribeira (Ribeira), Requeixo (Chandrexa de Queixa) e Parada da Serra (A Gudiña) e entran Santa Baia de Boiro (Boiro), San Millao (Cualedro) e Santigoso (A Mezquita).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar