Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os servizos de extinción galegos reoriéntanse para loitar contra grandes lumes

Os servizos de extinción galegos reoriéntanse para loitar contra grandes lumes

Nos últimos anos cambiou a tipoloxía e agora hai menos incendios pero máis perigosos

G24.gal 20/05/2023 14:40 Última actualización 20/05/2023 15:18

Períodos estivais máis longos por mor do cambio climático e masas forestais máis amplas e con máis material combustible están a cambiar a tipoloxía dos incendios que sofren os montes galegos nos últimos anos: hai menos pero son máis perigosos.

"Os lumes que tivemos o ano pasado eran incendios que tiñamos coas características meteorolóxicas e de combustible, que collían rapidamente un tamaño considerable.  E poñíase moi rápido ao límite a capacidade de extinción, cando non fóra dela", manifesta Manuel Rodríguez, director xeral de defensa do monte da Xunta.

O plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, o Pladiga, incide cada vez máis na loita contra os grandes lumes recorrendo este ano a ferramentas específicas para enfrontarse a eles.

"Por unha banda, a xeración de unidades específicas para a extinción deste tipo de grandes lumes e, outra das novidades, é aumentar o número de brigadas de extinción helitransportadas", comenta.

Diante do novo panorama xa se está a traballar nunha nova lei de loita integral contra os incendios, que mellora o dispositivo de extinción pero integrando a xestión do territorio. Isto supón promover as actividades agrícolas e gandeiras nas zonas con maior presenza de lumes forestais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade