O plan de inundacións ante a suba do caudal permanece activo en seis ríos
O plan de inundacións ante a suba do caudal permanece activo en seis ríos
Emerxencias recomenda aumentar a precaución nas zonas próximas aos ríos polo risco de inundacións e, sobre todo, dos efectos das correntes
A Xunta mantén activo o seu plan especial de risco por inundacións ante a suba de caudal de polo menos cinco ríos -Lérez, Deva, Tea, Avia, Arnoia e Oitavén- nas provincias de Pontevedra e Ourense.
Os servizos de emerxencias indican que hai cinco cursos que superaron o limiar establecido para o seu control, polo que existe risco de rebordamento.
Un deles é o Lérez, río que desemboca en Pontevedra tras discorrer por toda a provincia e que a semana pasada foi o escenario do accidente de autobús en Cerdedo-Cotobade que deixou sete vítimas mortais.
Na mesma provincia están en situación similar o río Deva, en Salvaterra de Miño, e o Tea, en Mondariz, Ponteareas e Salvatera de Miño, e Oitavén en Soutomaor.
En Ourense, pola súa banda, teñen risco de desbordamento os ríos Avia, en Ribadavia, e Arnoia, en Baños de Molgas.
Os servizos de emerxencias trasladan a recomendación de aumentar a precaución ante a posible suba do caudal, en especial en zonas como pontes.