O plan de paz que propón A China convence a Putin pero non a Occidente
O plan de paz que propón A China convence a Putin pero non a Occidente
A visita oficial de Xi Jinping a Moscova escenifica a sintonía entre as dúas potencias
Acordo para un novo gasoduto entre A China e Rusia
Beijing propón un plan de paz para Ucraína
Estréitanse os vínculos comerciais entre A China e Rusia. Na visita de Xi Jinping a Moscova pechouse o acordo para un novo gasoducto entre os dous países. Tamén se falou de Ucraína: Putin apoia o plan de paz que defende o líder chinés.
O documento co que Beijing se quere erixir como mediador propón que Occidente lle quite as sancións a Rusia e lle dea garantías de seguridade fronte á OTAN a cambio de restaurar a integridade territorial de Ucraína.
Na Casa Branca consideran que A China non pode ser vista como imparcial ante este conflito, que o que fai é repetir coma un papagaio a propaganda do Kremlin.