Publicador de contidos
Publicador de contidos

O pluriemprego, en máximos pola situación económica e a reforma do mercado laboral

O pluriemprego, en máximos pola situación económica e a reforma do mercado laboral

A perda de poder adquisitivo leva a completar os ingresos cun segundo traballo

G24.gal 21/08/2024 14:51

O custo da vida obriga a estirar o salario para chegar a fin de mes. "Non dá para nada. Os alugueiros son terribles e cada vez que vas mercar é imposible", di unha traballadora.

Os datos da enquisa de poboación activa revelan que cada vez son máis os traballadores que se ven obrigados a botar man dun segundo emprego para completar os seus ingresos. "Un so traballo non che da para sufragar os gastos básicos. Agora permítese moito teletraballo e iso facilita buscar outro emprego", xustifica unha empregada.

Son case 600.000 ocupados que declaran ter polo menos un traballo secundario. Unha cifra récord en España. As mulleres do sector servizos son as que máis recorren ao pluriemprego.

"Temos máis traballos pero cun poder de compra inferior. Iso facilita que moita xente, principalmente as mulleres, teñan traballos pero non a xornada completa", asegura Venancio Salcines, director do Centro de Estudos Universitarios CESUGA.

Os expertos din que detrás destas cifras está a situación económica. "Fai dez ou quince anos unha persoa mileurista considerábase con poucos recursos. Hoxe case é un privilexiado. Iso obriga a moitos a buscar un segundo traballo", explica Julián Rodríguez, analista económico.

Hai outro perfil máis minoritario. Son os mozos do sector tecnolóxico que optan por compaxinar varios empregos para ganar experiencia e enriquecer a súa carreira laboral. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade