Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Pontevedra anuncia unha ampliación de capital por valor de case 374.000 euros

O Pontevedra anuncia unha ampliación de capital por valor de case 374.000 euros

Os últimos dous exercicios foron “deficitarios”, despois de cinco tempadas consecutivas con superávit económico

G24.gal 25/09/2023 14:10 Última actualización 25/09/2023 14:18

O Pontevedra C. F. anunciou este luns unha ampliación de capital de 373.599.10 euros para reducir a súa débeda e mellorar os coeficientes de solvencia e liquidez, segundo informou a entidade que preside Lupe Murillo a través dun comunicado de prensa.

Tres meses despois de obter na Xunta Xeral de Accionistas a delegación de poderes por parte dos accionistas para levar a cabo unha ampliación de capital, o consello de administración decide levala acaba para dotar ao club de recursos económicos.

No seu comunicado de prensa, o Pontevedra C. F. sinala que “a irrupción” da covid-19 e a reestruturación da antiga Segunda División na etapa poscovid causaron que os últimos dous exercicios foran “deficitarios”, despois de cinco tempadas consecutivas con superávit económico.

Por iso, e tras analizar a actual conxuntura económica “de altos tipos de interese e endurecemento das condicións para o acceso ao financiamento bancario”, o consello de administración considera a ampliación de capital “a vía de financiamento máis eficaz” para o Pontevedra para tentar regresar “novamente” a unha categoría de fútbol profesional.

O aumento de capital será de 373.599,10 euros e formalizarase coa emisión de 533.713 novas accións, a un prezo de 0,70 euros por acción mais outros 0,70 euros de prima de emisión e efectuarase nunha única fase. A ampliación, ademais, será exclusiva para os actuais socios na mesma proporción á súa actual porcentaxe de participación no capital social.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade