Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Pontevedra estraga unha grande ocasión para escapar do Numancia

O Pontevedra estraga unha grande ocasión para escapar do Numancia

Empatou (0-0) no campo do Valladolid Promesas despois de perdoar catro grandes ocasións

G24.gal 12/01/2025 18:18

O Pontevedra perder unha gran ocasión para meterlle cinco puntos ao Numancia á fronte da 2ª RFEF. Empatou (0-0) no campo do Valladolid Promesas nun partido en que estragou catro ocasións moi claras malia xogar máis de media hora cun xogador menos. 

O Valladolid xogoulle con moito respecto ao Pontevedra que no último minuto da primeira metade gozou dunha nas botas de Garay. No segundo tempo estrelou Carlos López un remate contra o pau xusto antes de que Samu Mayo fose expulsado. Parecía seguro o empate ata que no engadido Álex González realizou unha chilena espectacular que se foi contra o traveseiro. E nun córner posterior o porteiro local Aceves volveu a salvar a última dun Pontevedra que lamentou a oportunidade perdida. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade