Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Pontevedra cede fronte ao Zamora (1-3)

O Pontevedra cede fronte ao Zamora (1-3)

Os pontevedreses perden un partido chave polo ascenso directo, e ao mesmo tempo o liderado da categoría

O Zamora tirou de pegada para aproveitar os erros dos locais

G24.gal 25/02/2024 19:32

A 2.ª RFEF queda moi apertada na parte alta tras o triunfo do Zamora na súa visita a Pasarón. O gran partido da xornada viuse atrasado polas condicións en que estaba o céspede tras as fortes choivas en Pontevedra, pero tras un esforzo por parte dos traballadores pontevedreses o encontro puido disputarse.

O Pontevedra non estivo acertado na fase de ataque e errou demasiado en defensa. O Zamora anotou preto do descanso e matou nada máis saír na segunda metade. Un golazo de Charly parecía meter os galegos de volta no partido, pero no desconto o Zamora volveu golpear e sentenciou ao Pontevedra.

Co resultado, o Ourense C. F. é o novo líder, e quedan o Pontevedra e o Zamora por detrás a un só punto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos