Cargando resultados...
O Pontevedra rompe en Luanco a serie de dous empates seguidos (1-2)
O Pontevedra rompe en Luanco a serie de dous empates seguidos (1-2)
Rufo e Ángel Bastos, os autores dos goles
G24.gal
12/11/2023 20:18
O Pontevedra leva uns números soñados ao comezo de temporada. Só perdeu o primeiro partido, encadea dez xornadas sen caer derrotado e está no terceiro posto pero cun ritmo de puntuación moi alto. Pero levaba dous empates seguidos (Avilés e Raio Cantabria) e era necesario o triunfo en Miramar, o campo do Marino de Luanco.
O equipo de Yago Iglesias logrou o obxectivo, non sen sufrimento. Encamiñou moi cedo a vitoria grazas ao gol de Rufo no minuto cinco. Logo controlou o partido e aumentou a vantaxe no 72 nunha chegada pola dereita de Ángel Bastos. Pero os últimos minutos tocou padecer o acoso local, que recortou diferenzas por medio do seu goleador David Grande.