O Pontevedra volve ao liderado tras superar o Real Avilés (2-0)
O Pontevedra volve ao liderado tras superar o Real Avilés (2-0)
A pesar dun primeiro tempo frouxo dos pontevedreses, dous goles no inicio da segunda metade serviron para sumar os tres puntos e recuperar o liderado
No tramo final puideron aumentar a vantaxe, pero faltou puntería
O Pontevedra aproveitou a derrota do Ourense C. F. para volver ao máis alto da clasificación do grupo 1 na 2ªRFEF. Na visita do Real Avilés a Pasarón, os de Yago Iglesias conseguiron o triunfo cos goles de Charly no minuto 52 e de Mario Gómez no 59.
Na primeira metade os galegos non dispuxeron de moitas oportunidades, e foron os visitantes os que tomaron control do xogo, pero tras un bo comezo de segunda metade, e os dous goles anotados, o partido quedou de cara e incluso puideron aumentar a vantaxe.
Tras a vitoria quedan líderes con 55 puntos, dous máis que o Ourense C. F. e cinco máis que o Zamora.