O pontevedrés Carlos Álvarez, mellor xogador da Asobal
O pontevedrés Carlos Álvarez, mellor xogador da Asobal
Carlos Álvarez: "É unha barbaridade, teño 21 anos e en ningún momento pensas en estar con estes fenómenos"
O xogador pontevedrés formouse na canteira do Cisne
Aos seus tan só 21 anos, Carlos Álvarez sorprende toda a liga Asobal. O extremo pontevedrés foi elixido o mellor xogador de toda a tempada no seu primeiro ano no Ademar de León co apoio do 34,78 % dos clubs.
Boa parte deste galardón que outorga a liga Asobal chega polo grande acerto goleador que mostrou ao longo da tempada.
"É unha barbaridade, teño 21 anos e en ningún momento pensas en estar con estes fenómenos".
"Soño con xogar unha final a catro e oxalá estar algún día coa selección".
O pontevedrés anotou 190 goles en 29 partidos, deixando unha media de 6,55 por encontro, a porcentaxe máis alta de toda a liga.
Ademais, Carlos Álvarez é o máximo goleador, con 36 tantos máis que o segundo, Nacho Vallés do Benidorm.
O xogador pontevedrés formouse na canteira do Cisne e foi con eles con quen debutou na liga Asobal sendo aínda un neno.