Cargando resultados...
O popular Álex Doval colle o bastón de mando no concello de Oroso
O popular Álex Doval colle o bastón de mando no concello de Oroso
A PP acadou a maioría absoluta neste concello, un feudo tradicionalmente socialista
G24.gal
17/06/2023 19:03
Última actualización 17/06/2023 19:11
O concello de Oroso era un feudo tradicionalmente socialista, pero o 28 de maio o Partido Popular conseguía a maioría absoluta con sete dos trece edís.
Álex Doval converteuse este sábado no novo alcalde despois de colleitar nestes comicios máis de dous mil sufraxios. Socialistas e nacionalistas quedan na oposición; o PSdeG ten cinco actas e o BNG unha.
Os populares danlle un valor simbólico elevado a esta praza. De feito, na constitución da corporación estivo a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e a exconselleira do Mar, Rosa Quintana.