Cargando resultados...
O porto de Odesa está inoperativo por falta de electricidade
O porto de Odesa está inoperativo por falta de electricidade
Os envíos de gran estanse trasladando aos outros dous portos do mar Negro
Millón e medio de ucraínos están sen luz tras os ataques ás instalacións eléctricas
G24.gal
12/12/2022 08:43
En Ucraína, millón e medio de persoas quedaron sen electricidade na rexión sur de Odesa, despois dos ataques con avións non tripulados rusos a instalacións de enerxía. As autoridades rexionais informaron que pode tardar días en restablecerse a enerxía.
De momento, o porto continúa sen estar operativo, polo que os envíos de gran se están trasladando aos outros dous portos do mar Negro.