Cargando resultados...
O Porto, destino para os turistas galegos nesta Semana Santa
O Porto, destino para os turistas galegos nesta Semana Santa
O tempo está claro que condiciona a porcentaxe de ocupación, pero aínda así a capital do norte do Portugal segue a ser destino moi importante dos galegos nestas datas
G24.gal
28/03/2024 15:10
Moi abrigados e cos seus paraugas, os galegos no Porto son nestas datas unha porcentaxe importante dos turistas que chegan á cidade. E moitos veñen cos seus plans moi claros.
E algúns aínda que son de Vigo visitan por vez primeira a cidade. Nas cadeas hoteleiras galegas con presenza no Porto este ano recoñecen que non chegan ao 100 por cento de ocupación, rozan o oitenta.
O tempo está claro que condiciona a porcentaxe de ocupación pero aínda así a capital do norte do Portugal segue a ser destino moi importante dos galegos nestas datas.