Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo acepta debater con Sánchez en Atresmedia pero rexeita negociar para ir a RTVE

Feijóo acepta debater con Sánchez en Atresmedia pero rexeita negociar para ir a RTVE

Os populares consideran que a carta remitida pola corporación pública é "unha burda utilización" deste medio polo Goberno

G24.gal 27/06/2023 20:54 Última actualización 27/06/2023 21:12

O Partido Popular acepta a proposta de Atresmedia de organizar un debate entre Feijóo e Sánchez o 10 de xullo e outro con líderes de máis forzas políticas, entre elas Sumar, Vox e nacionalistas cataláns e vascos, o próximo día 5.

O que parece maís improbable é o cara a cara na televisión pública. O PP rexeitou reunirse co PSOE ás instancias de RTVE para negociar un debate electoral.

Os populares consideran que a carta remitida pola corporación pública é "unha burda utilización" deste medio de comunicación por parte do partido que está á fronte do Goberno.

O PSOE confirmou a asistencia de Sánchez aos debates propostos por catro grupos de comunicación: Prisa, Atresmedia, RTVE e Mediaset.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade