O PP acusa o Goberno de danar a reputación de España polo caso Pegasus
O PP acusa o Goberno de danar a reputación de España polo caso Pegasus
O executivo lamenta a "hipocrisía e cinismo" do PP tras a operación Kitchen
Os independentistas insisten en que a destitución da directora do CNI non abonda
O PP lamenta que o Goberno deixe os servizos de intelixencia aos pés dos cabalos en vésperas de que se celebre no noso país o cumio da OTAN. Cre que a destitución da directora do CNI dana a reputación de España.
O senador popular José Antonio Monago cre que "isto non pasa en ningunha democracia seria. Nin isto nin ofrecerlle como trofeo a quen quere romper o teu país a cabeza de quen o defende cos seus homes e mulleres en silencio".
Felix Bolaños, ministro da Presidencia, respondeulle que "me parece atrevido que o Partido Popular fale da reputación de España cando o que facían vostedes cando estaban no Goberno chámase operación Kitchen que era tapar delitos cometendo outros".
Aos indendentistas, o cesamento de Paz Esteban parécelles un xesto de cara á galería. Mirella Cortès, de ERC, cre que "é de todo insuficiente". E para Josep Lluís Cleries, de Junts, " hai outros responsables de maior rango. Esiximos responsabilidades ao máis alto nivel".
Bolaños reprochoulles que "están á contra de todo. Parece que están vostedes nostálxicos dunha época anteior de enfrontamento, tensión, confrontación".
O executivo defende que actuou con transparencia e que ten a conciencia tranquila.