O PP acusa o Goberno de sacar do cárcere a terroristas
O PP acusa o Goberno de sacar do cárcere a terroristas
Os populares esixen ao Goberno que impida a reducción de penas a etarras e pida perdón ás vítimas por pactar con Bildu
Bolaños lamenta que o PP intente crispar a sociedade "con todo", incluso "coas resolucións que se aproban por unanimidade no Congreso"
Alicia García, senadora popular, acusou o Goberno de pasar á historia por sacar do cárcere violadores, golpistas e agora membros de ETA.
E esixiu ao PSOE que impida a redución de penas a etarras e logo pidan perdón ás vítimas do terrorismo por pactar a política penitenciaria con Bildu.
O ministro de Presidencia Félix Bolaños reprochou ao PP que intenten crispar a sociedade incluso con resolucións que lograron a unanimidade parlamentaria.
A voceira popular lembrou tamén a situación da muller do presidente do Goberno e asegurou que a investigación xudicial sobre Begoña Gómez está máis viva que nunca.
Antes de comezar o debate, que acabou sendo tenso e crispado, Félix Bolaños mostrou a súa solidariedade coas deputadas e senadoras populares que nos últimos días recibiron cartas con ameazas.