Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP afirma que Sánchez está disposto a desgastar España para manterse na Moncloa

O PP afirma que Sánchez está disposto a desgastar España para manterse na Moncloa

Bendodo di que Sánchez pasou do "si é si" que saca violadores á rúa, ao "non é non" a Feijóo

O coordinador xeral do PP cre que o presidente cederá ás demandas dos independentistas

Elías Bendodo en Estepona
G24.gal 02/09/2023 14:16 Última actualización 02/09/2023 14:29

O Partido Popular asegura que Pedro Sánchez pasou do "si é si", que sacou violadores á rúa, ao "non é non" a Feijóo, e que cederá ás demandas dos independentistas para manterse na Moncloa.

Desde Estepona, o coordinador xeral do PP, Elías Bendodo, lembrou que ao PP só lle faltan catro votos para a investidura de Núñez Feijóo, pero insistiu en que non están dispostos a mercadear para conseguila. Bendodo dixo que está convencido de que Pedro Sánchez acabará pactando a amnistía para os condenados do procés, e un referendo de autodeterminación.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade