Cargando resultados...
O PP cre que a proposta de debate de Pontón é "síntoma de debilidade"
O PP cre que a proposta de debate de Pontón é "síntoma de debilidade"
G24.gal
26/06/2023 13:49
O voceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, sostivo que lle parece un "síntoma de debilidade" do BNG para esta cita coas urnas, na que "o natural" é que as forzas políticas confíen nos seus candidatos especialmente "despois de todos as loanzas" que se escoitaron cara ao seu deputado na cámara baixa e actual cabeza de lista do BNG pola provincia da Coruña.
Así mesmo, considerou que a proposta tamén mostra "debilidade" porque se trata dunhas eleccións xerais.
"O feito de querer introducir o debate entre líderes autonómicos, que sería propio dunhas eleccións autonómicas, non deixa de querer digamos deixarse ver porque os resultados paréceme que non son os que podían esperar", indicou.