Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP cre que o acordo PSOE-Sumar é "papel mollado"

O PP cre que o acordo PSOE-Sumar é "papel mollado"

Núñez Feijóo fala de "pirotecnia" para distraer a atención da amnistía

Podemos admite que non participou nas negociacións

Antón Montero 24/10/2023 19:25 Última actualización 24/10/2023 21:00

UXT celebra que se dea o primeiro paso cara á investidura de Pedro Sánchez. Así valoraba o seu secretario xeral un acordo entre PSOE e Sumar, que contén cousas que lles gustan, aínda que boten outras en falla. E avisan de que eles son máis ambiciosos.

"O que coñecemos da proposta parécenos positivo, tendo en conta que para a UXT esta lexislatura debería ser a lexislatura das 35 horas semanais", dicía o seu secretario xeral Pepe Álvarez.

Máis fría foi a reacción dun dos socios de Sumar: Podemos cre que o acordo é inconcreto e admite que non participaron das negociacións. Irene Montero dixo: "Temos que ver o detalle do acordo. Cando o vexamos, poderemos facer unha avaliación".

O PP tacha a sinatura deste martes de teatralización e cre que o documento é papel mollado; di que non serve de nada sen o visto e prace de Puigdemont.

O líder popular Alberto Núñez Feijóo pedía: "Que non nos distraian coa súa pirotecnia e aclaren dunha vez aos españois o que queremos saber, como están as negociacións co independentismo catalán e a cambio de que están buscando os votos do independentismo catalán".

Tamén o PNV ten dúbidas pola posible invasión de competencias autonómicas dalgúns dos puntos contidos no acordo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade