Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PPdeG celebra que o Constitucional ratificara a Lei do litoral da Xunta

O PPdeG celebra que o Constitucional ratificara a Lei do litoral da Xunta

Paula Prado pídelle ao Goberno central máis persoal e recursos para xestionar a costa galega

G24.gal 27/04/2024 14:06 Última actualización 27/04/2024 15:12

Galicia ten 1.500 quilómetros de costa e 40.000 persoas traballan no sector mar-industria. Por iso o Partido Popular de Galicia amosou a súa satisfacción pola ratificación que o Tribunal Constitucional acaba de darlle á Lei do litoral elaborada pola Xunta e cuestionada polo Goberno central.

O partido organizou a lectura dun manifesto en varios puntos de Galicia. No acto de Cambados estivo a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, quen aproveitou para pedir o inmediato traslado de medios e recursos económicos para que Galicia poida xestionar directamente as súas costas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade