Cargando resultados...
O PP de Pontevedra denuncia o aumento da inseguridade no 'botellódromo'
O PP de Pontevedra denuncia o aumento da inseguridade no 'botellódromo'
Denuncia que non se cumpre a legalidade ao permitir o consumo de alcol no espazo público
G24.gal
26/01/2022 16:11
O PP de Pontevedra acusa o Concello de incumprir a lei permitindo o consumo de alcohol na vía pública, no coñecido como botellódromo.
Din que non existe ningún informe xurídico que avale ese espazo e que ademais están aumentando os episodios de inseguridade como asegura o presidente do PP de Pontevedra, Rafael Domínguez.
"Episodios de violencia. menores de idade bebendo alcol, agresións homófobas... son situacións que se están a dar unha e outra vez nas últimas semanas, nun espazo público disposto por Lores para que a mocidade consuma".