Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP esixe que o BNG rectifique as declaracións sobre os responsables de Sanidade

O PP esixe que o BNG rectifique as declaracións sobre os responsables de Sanidade

Paula Prado di que se trata de "insultos inaceptables"

G24.gal 27/01/2023 12:31

O Partido Popular pídelle a Ana Pontón que rectifique as declaracións da portavoz do BNG Montse Prado en que cualificou os responsables de Sanidade do Goberno galego de "psicópatas". Insisten en que se trata de insultos inaceptables.

"Uns insultos como chamarlles psicópatas aos responsables da sanidade pública galega. Consideramos fundamental unha rectificación pública do BNG e da señora Pontón. E pedimos que se non a hai, cese de inmediato como voceira de sanidade no BNG a señora Montse Prado Cores", insistiu Paula Prado, secretaria xeral do PPdeG.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade