Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP esíxelle a Pedro Sánchez que adiante as eleccións xerais

O PP esíxelle a Pedro Sánchez que adiante as eleccións xerais

Os populares cren que se abre un "novo ciclo político" tras gañaren as eleccións europeas

G24.gal 10/06/2024 14:58

Tras as xerais, o PP volveu gañar unhas eleccións en que votou todo o país e amplía a súa vantaxe sobre o PSOE, sepáranos catro puntos. E por iso cren que se abre "un novo ciclo político" e que a súa chegada á Moncloa está máis preto.

O PP ve o PSOE máis feble ca nunca e saca peito dos seus resultados electorais dende que Alberto Núñez Feijóo asumiu o liderado. "Unha vitoria inapelable, clara e rotunda. Pedro Sánchez perdeu o plebiscito que formulou, utilizando incluso durante a campaña a súa muller", dixo en conferencia de prensa o voceiro do PP.

Borja Sémper considera que "o fin" de Pedro Sánchez está preto e que, "aínda que se resista, caerá". 

Por iso, os populares ínstano a convocar xa eleccións xerais, descartando os populares outras ferramentas. Na súa opinión, a moción de censura xa a presentou onte o electorado e que agora tócalle ao presidente "facer unha reflexión".

Os populares amósanse confiados en que van gobernar tras as seguintes eleccións xerais. Pero mentres non chegan, din, queren seguir ensanchando o seu electorado dende o centro. "Pedro Sánchez especializouse en expulsar o votante moderado e Feijóo é experto en recollelo", apuntou Borja Sémper.

Mañá martes, Alberto Núñez Feijóo reunirá a todos os seus baróns territoriais na sede central de Génova.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade