Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP esíxelle a Sánchez que asuma responsabilidades políticas pola imputación da súa muller

O PP esíxelle a Sánchez que asuma responsabilidades políticas pola imputación da súa muller

A voceira do Goberno asegura que se trata dunha "campaña de lodo da dereita e da ultradereita"

G24.gal 04/06/2024 14:53

O Goberno cre que detrás da investigación a Begoña Gómez están o PP e Vox. A voceira do executivo denuncia "unha campaña do fango da dereita e da ultradereita" en contra da muller do presidente. "Esta é a vergoñenta oposición que ten hoxe o noso país", asegurou Pilar Alegría na conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros. 

O Goberno mostrou a súa "estrañeza" ante a citación en plena campaña electoral, aínda que Alegría quixo tamén trasladar a mensaxe de "absoluta tranquilidade" porque "non hai nada de nada", tal como lembrou que sinala o informe da Garda Civil sobre a denuncia do sindicato de ultradereita Manos Limpias.

O PP responde: "non é fango, é corrupción". Segundo o seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, "ela terá que dar as respostas oportunas ante o xuíz pero el, agora mesmo, ten que dar explicacións, tomar decisións e asumir as responsabilidades que esixen estes graves feitos".

Os de Abascal celebran que o xuíz cite a muller de Pedro Sánchez. Pepa Millán, voceira de Vox, asegurou que lles parece "moi ben que dea explicacións onde as ten que dar: nun xulgad

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade