Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP foi primeira forza nas eleccións municipais, con máis do 31 % dos votos

O PP foi primeira forza nas eleccións municipais, con máis do 31 % dos votos

Gañaron en 27 capitais de provincia e arrebátanlle ao PSOE alcaldías clave como Sevilla

G24.gal 29/05/2023 08:41

O PP gobernará o Concello de Madrid con maioría absoluta: con 29 edís e máis do 44 % dos votos absorberon todos os apoios de Ciudadanos, que non obtén representación. 

Más Madrid continúa como segunda forza, aínda que perde 7 escanos e queda con 12, só un por diante PSOE.  Vox, que aspiraba a ser determinante, queda con 5 edís e Podemos non consegue entrar no Concello.

En Barcelona, o gañador é Xavier Trías, de Junts, que regresou á política despois de catro anos, pero non ten garantido que vaia gobernar, xa que o PSC defende un pacto de esquerdas. Trías conseguiu 11 concelleiros, o PSC 10 e Ada Colau 9. Esquerra Republicana afúndese e entra Vox no Concello por primeira vez.

En Andalucía, tradicional bastión socialista, tamén hai cambio e o PP gaña en 7 das 8 capitais. Entre elas Sevilla, onde o actual alcalde socialista Antonio Muñoz obtivo dous edís menos ca o Partido Popular.

O PP gaña tamén en Valencia. E queda fóra da alcaldía Joan Ribó, de Compromís, un dos apoios de Díaz no lanzamento de Sumar.

E outra cidade simbólica: Zaragoza, os populares case duplican os resultados e manteñen a alcaldía, quedando a un edil da maioría absoluta.

Nos concellos do País Vasco, Bildu foi o partido máis votado, gaña por primeira vez en Vitoria e podería gobernar Pamplona co apoio do PNV. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade