Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP homenaxea a Miguel Ángel Blanco en Ermua

O PP homenaxea a Miguel Ángel Blanco en Ermua

"Un exemplo moral e de coraxe democrática", dixo del Alberto Núñez Feijóo

Alberto Núñez Feijóo e Mari Mar Blanco, este mércores en Ermua (EFE/Miguel Toña)
G24.gal 10/07/2024 14:01 Última actualización 10/07/2024 14:08

O 10 de xullo de 1997, ETA secuestraba a Miguel Ángel Blanco. Tres días despois, asasinábao ante a negativa do Goberno de negociar coa banda terrorista. Vinte e sete anos despois, o Partido Popular, do que era concelleiro en Ermua, volve homenaxealo na súa vila natal.

Alberto Núñez Feijóo referiuse a el como "un exemplo moral e de coraxe democrática". Asegurou tamén que o PP está ao lado das vítimas, mentres outros homenaxean os terroristas ou pactan cos seus herdeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade