Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP pide a dimisión do fiscal xeral do Estado, ao que se refire como "o ministro 23 do Goberno"

O PP pide a dimisión do fiscal xeral do Estado, ao que se refire como "o ministro 23 do Goberno"

A vicepresidenta primeira, María Jesús Montero, acusa os populares de ultraxar as institucións do Estado

G24.gal 18/06/2024 20:15 Última actualización 18/06/2024 20:23

O Partido Popular insiste en pedir a dimisión do fiscal xeral do Estado, ao que este martes no Senado se referiron como "un ministro máis do Goberno".

Alicia García Rodríguez, senadora do PP, di: "Xa está ben de manter o seu ministro 23, o Fiscal Xeral do Estado, reprobado no Senado e a un paso da imputación por revelar segredos dun cidadán. A única saída que ten é a dimisión".

Desde o PSOE acusan o PP de ultraxar as institucións do Estado.

María Jesús Montero, vicepresidenta primeira do Goberno, afirma: "Non poden estar permanentemente denostando as institucións cando non lles gusta o sentido en que resolven".

"Atacan permanentemente da democracia desde o seu populismo de extrema esquerda. Non queda nada do PSOE da Transición. Agora son o partido sanchista contra a Constitución", respondeu a senadora do PP.

Na última intervención, a vicepresidenta primeira do Goberno referiuse así aos populares: "Se non queren axudar polo menos deixen de estorbar e deixen gobernar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade