Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP pide explicacións no Senado sobre o novo atraso na reforma da lei do só si é si

O PP pide explicacións no Senado sobre o novo atraso na reforma da lei do só si é si

Os populares repróchanlle á ministra de Igualdade que aínda non dimitise

G24.gal 28/03/2023 20:28 Última actualización 28/03/2023 20:33

Sobre este asunto falouse tamén esta tarde no Senado. A ministra de Igualdade acusou o PP de ir contra o feminismo ao non apoiar a lei do só si é si. Os populares repróchanlle que aínda non dimitira por unha lei que, din, resultou ser nefasta para as mulleres.

"Cando vai dimitir e pedir perdón, cando os violadores excarcerados empecen a reincidir? As mulleres queremos e merecemos saber a verdade sobre a tramitación desta lei nefasta. E esiximos saber os motivos polos que aínda non a reformaron", di a senadora do PP Patricia Rodríguez Calleja.

"Vostedes na tramitación desa lei nunca alertaron de que podía haber decisións xudiciais de rebaixas de condenas. Todo o contrario. O que lles preocupaba antes e lles segue preocupando é que teñan reproche penal condutas que para vostedes son a maxia do amor, pero que en realidade son violencia contra as mulleres", respondeu Irene Montero, ministra de Igualdade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade