Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP pídelle ao Goberno que restableza o OCON-Sur para combater o crime organizado no Campo de Xibraltar

O PP pídelle ao Goberno que restableza o OCON-Sur para combater o crime organizado no Campo de Xibraltar

O ministro do Interior di que se reorganizou o organismo, pero que traballan os mesmos efectivos

O ministro Grande-Marlaska no Senado
G24.gal 05/03/2024 20:39 Última actualización 05/03/2024 21:45

O Partido Popular pídelle ao Goberno que restableza o Organismo de Cooperación contra o Narcotráfico para combater o crime organizado no Campo de Xibraltar.

O ministro Marlaska di que agora mesmo hai os mesmos efectivos que cando existía o OCON-Sur.

"Non se desmantelou, houbo unha reestruturación e os 150 efectivos pasaron a formar parte das comandancias da zona, cos mesmos obxectivos. Deixen de utilizar a dor e a traxedia e traballen investindo e axudando a investir no Campo de Xibraltar", afirma Grande-Marlaska.

O senador José Ignacio Landaluce, do PP, replícalle: "Señor ministro, en Barbate tanto os veciños coma os gardas civís están esperando aínda por Pedro Sánchez. A humanidade nunca se debe perder".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade