Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP pídelle ao Goberno que transfira ás comunidades 18.000 millóns dos fondos europeos

O PP pídelle ao Goberno que transfira ás comunidades 18.000 millóns dos fondos europeos

Continúa o debate político sobre a reforma do financiamento autonómico

Varios presidentes autonómicos do PP e o socialista de Castela-A Mancha, Emiliano García-Page, recorren a lei de amnistía ante o Tribunal Constitucional

G24.gal 09/09/2024 14:55

Tras celebrar o seu comité federal, o PSOE quere dar por pechado o debate interno sobre a reforma do financiamento autonómico e minimizan as críticas dalgúns dos seus baróns.

José Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral do PSdeG, apunta que é "ben diferente o que se dixo dentro do comité federal do que ás veces se di fóra" e asegura que "salvo as opinións de Lambán e Page" non escoitou "ningunha posición que discrepara" sobre a reforma do sistema que propón Pedro Sánchez.

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, insta a Page e a Lambán a desmarcarse do seu partido xa que, "ante ese desafío histórico hai que dar a cara".

Os populares volveron mover ficha este luns. Enviáronlle unha nova proposta á ministra de Facenda. Pídenlle que inxecte 18.000 millóns dos fondos europeos directamente nas comunidades.

O Goberno respóndelles afeándolles que tombaran o teito de gasto no Congreso. 

"Por ese voto en contra do PP, esas comunidades autónomas e eses concellos deixaron de percibir 15.000 millóns de euros", asegurou Pilar Alegría, voceira do executivo, nunha entrevista en TVE.

Alegría volve pedirlles aos presidentes autonómicos do PP que envíen unha proposta de reforma do sistema.  Na súa opinión, "a falta de liderado de Núñez Feijóo imposibilitou que haxa unha posición común".

Pero o líder do PP insiste en que ningún dos seus baróns vai negociar bilateralmente nin reformas do sistema nin quitacións de débeda. 

"Os presidentes autonómicos do PP non van aceptar acordos bilaterais para intentar branquear o concerto independentista ou a soberanía fiscal de Cataluña", afirmou nunha entrevista en Antena 3.

Nun almorzo informativo a presidenta da Comunidade de Madrid insistía en que "o que é de todos tense que falar entre todos". Considera Isabel Díaz Ayuso que "isto do café para todos é unha burda mentira que, por suposto, o presidente non cumprirá".

Gobernos autonómicos do PP, como o madrileño e o andaluz, recorreron este luns a lei de amnistía ante o Tribunal Constitucional. A eles sumouse tamén o presidente de Castela-A Mancha, o socialista Emiliano García-Page.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade