Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP pídelle ao PNV unha "pensada" antes de apoiar a investidura de Pedro Sánchez

O PP pídelle ao PNV unha "pensada" antes de apoiar a investidura de Pedro Sánchez

Pedro Rollán asegura que os socialistas están máis cómodos con Bildu

Junts volve advertir de que cobrará por adiantado o apoio a Sánchez

G24.gal 19/08/2023 14:32 Última actualización 19/08/2023 14:39

Dous días antes de que o Rei principie os contactos para a investidura do presidente do goberno, o Partido Popular insiste en que Núñez Feijóo ten a lexitimidade e a obriga de buscar os apoios necesarios para ser o candidato. Os populares, que seguen contando cos votos de VOX, animan ao PNV a darlle unha pensada á súa decisión de apoiar a Sánchez. Mentres, Junts eleva o prezo do seu apoio ao candidato socialista.

Á espera de que coñecer a proposta do Rei sobre o candidato á investidura como presidente do Goberno,  os grupos independentistas xa advertiron de que o seu apoio á socialista Francina Armengol para saír elixida presidenta do Congreso dos deputados non significa nada. 
Este sábado, o expresidente da Generalitat, Carles Puigdemont, utilizou as redes sociais para lembrarlle ao PSOE que debe moverse e que a partir de agora as contrapartidas serán máis elevadas. E a voceira de Junts no Congreso, Miriam Nogueras, advertiu de que cobrarán por adiantado se chegan a un acordo para apoiar a Pedro Sánchez.

Desde o PSOE, a vicesecretaria de Acción Politica Adriana Lastra, anima a respectar o mandato nas eleccións do 23 de xullo e lembra que en Cataluña non gañaron os indepentistas, senón o PSC.
Mentres os populares insisten en que Núñez Fejóo gañou as eleccións e ten toda a lexitimidade para postularse como candidato. O presidente do senado, Pedro Rollán, engade que nestes momentos  Feijóo conta con 171 ou 172 votos:  PP máis VOX máis CC, e anima ao PNV a sumarse.

"Porque, desde logo, o Partido Socialista, en caso de que finalmente o PNV apoie o Partido Socialista, todo parece indicar e a traxectoria así o indica, que o PSOE parece que está máis cómodo con Bildu que co PNV, e creo que quizais o PNV nesta ocasión debería darlle unha pensada".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos