O PP pregunta pola exclusión do hidroduto Guitiriz-Zamora dos fondos europeos

Os populares reclaman a comparecencia da ministra de Transición Ecolóxica 

Lamentan que o proxecto repercuta no desenvolvemento industrial de Galicia

G24.gal 02/12/2023 13:57 Última actualización 02/12/2023 14:10

Os parlamentarios do PP van pedir a comparecencia da vicepresidenta terceira para aclarar as razóns da exclusión do hidroduto entre Guitiriz e Zamora dos fondos europeo.

Lembran que foi ela a que comprometeu o investimento nunha conferencia de prensa ao rematar o Consello de Ministros en xaneiro deste mesmo ano.

Manteñen os populares que se trata dun investimento vital para garantir a competitividade da industria e da capacidade que poida ter Galicia para atraer novos investimentos enerxéticos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade