Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP retira da orde do día no Senado a lei que inclúe beneficios penais a etarras

O PP retira da orde do día no Senado a lei que inclúe beneficios penais a etarras

Os populares minoran a tramitación do cambio legal, pero só o Goberno pode retirar a reforma

O Executivo lembra que a emenda, de Sumar, se aprobou por unanimidade e sen polémica

G24.gal 08/10/2024 08:01

A mediados de setembro o Congreso aprobaba por unanimidade un cambio legal que beneficia, entre outros, os presos de ETA ao validarlles os anos de prisión que pasaron en Francia.

O artigo incluíuse nunha transposición dunha directiva europea na Comisión de Xustiza a través dunha emenda de Sumar, que di que a norma corrixe unha discriminación dos presos e non conmuta penas.

Foi a Asociación de Vítimas do Terrorismo a que avisou de que 44 presos etarras poderían saír antes de prisión. O Partido Popular e Vox admiten que foi un erro o voto a favor no Congreso.

Din que o Goberno os enganou. De momento, os populares usarán a súa maioría no Senado para gañar tempo e hoxe retirarán o proxecto de lei da orde do día.

O PP pode aprazar a votación, pero non evitar que se aprobe a norma, por iso lle piden ao Goberno que a retire.

O luns acaba o prazo para que o Senado se pronuncie sobre a lei e, como non se introduciron emendas, irá directamente ao BOE. 

Segundo as vítimas do terrorismo, coa aplicación desta lei, sete presos etarras quedarían en liberdade nos próximos meses, entre eles nomes tan coñecidos como Txapote, condenado por varios asasinatos.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade