Cargando resultados...
O PP vai reclamar no Senado o arranxo integral da N-634
O PP vai reclamar no Senado o arranxo integral da N-634
A estrada rexistra moito tráfico e é clave entre os concellos da Mariña
É o treito alternativo cando se corta a A-8 por mor da néboa
G24.gal
03/07/2024 14:15
Co obxectivo de mellorar a seguridade, o Partido Popular vai presentar no Senado iniciativas para a mellora integral da Nacional 634. Destacan que é unha vía con numeroso tráfico, clave para diversos concellos da Mariña, e que ademais é o treito alternativo cando pecha a A-8 pola néboa.
Sinalan que era unha intervención proxectada xa en 2018 polo PP e critican que o executivo socialista a deixou esquecida.