Carmela Silva rexeita dimitir e acusa a Rueda e Feijóo de instruír unha campaña de persecución
Carmela Silva rexeita dimitir e acusa a Rueda e Feijóo de instruír unha campaña de persecución
A presidenta da Deputación de Pontevedra non valora as irregularidades sobre a contratación da súa cuñada no Concello de Vigo e di que se dedica a gobernar con transparencia
O PP volve pedir a súa dimisión
Carmela Silva non falou de dimitir. Dixo que se sente orgullosa do seu traballo. "Esta presidenta dedícase a gobernar con transparencia, con respecto ás normas e á lei e con moito orgullo do traballo que realiza o meu goberno", asegurou.
O caso de corrupción que afecta a cuñada de Carmela Silva foi destapado polo exalcalde de Vigo Carlos Príncipe. Príncipe asegura que iso supuxo a súa expulsión do PSOE en 2015 e pídelle a Formoso que obrige a Carmela Silva a dimitir.
O Partido Popular solicita un pleno extraordinario na Deputación de Pontevedra para esixir responsabilidades políticas e a dimisión de Carmela Silva. "Non cabe na cabeza de ningún que a presidenta da deputación non soubese que a súa cuñada estaba traballando sen cobrar do erario público de todos os vigueses", afirmou a popular Pepa Pardo.
O Tribunal Supremo acaba de condenar a prisión un técnico municipal do Concello de Vigo por enchufar a unha traballadora que é cuñada de Carmela Silva.