Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP votará en contra do decreto de aforro enerxético se non se retiran "as frivolidades"

O PP votará en contra do decreto de aforro enerxético se non se retiran "as frivolidades"

Para apoiar a norma esixen que se eliminen o apagado dos escaparates e a limitación da temperatura do aire acondicionado

G24.gal 22/08/2022 20:04 Última actualización 22/08/2022 20:37

O Partido Popular anuncia que votará en contra do decreto de aforro enerxético, que se debate esta semana no Congreso, se o Goberno non incorpora as súas propostas e retira algunhas das que hai.

Pon como condición, por exemplo, eliminar o límite da temperatura do aire acondicionado ou o apagado dos escaparates.

Así o confirma Elías Bendodo, coordinador xeral do PP: "Se retiran as medidas frívolas e fan unha aposta por protexer os empregos na industria e ofrece axudas ao transporte por estrada estamos dispostos a votar a favor. Pero se o Goberno non retira as frivolidades deste decreto xa lles anunciamos que votaremos en contra".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade